lunes, 9 de mayo de 2011

Dúas varas de medir

Nas últimas semanas os medios teñen recollido varias noticias sobre a eliminación de certas tarifas que supuñan un desconto sobre a tarifa ordinaria en traxectos do AVE Madrid-Zaragoza-Barcelona e Madrid-Huesca. A secuencia de feitos é a coñecida nos temas que atinxen á política comercial de Renfe respecto ao AVE: opinión pública fixo presión, algúns medios fixéronse eco desta presión e ao final Renfe deu o seu brazo a torcer e repuxo o sistema de tarifas anterior. Unha verdadeira sorte para os usuarios que se vían afectados.

Namentres aquí en Galicia temos un sistema de rexionais/cercanías denominado "Media Distancia", que sen dúbida é moito menos "glamuroso" que o AVE, pero que seguro que cumpre unha función social moito máis relevante. De xeito similar que como pasou co AVE, non fai moito fíxose un cambio nas tarifas e abonos que supuña un incremento moi importante para os usuarios da media distancia. Aquí tamén protestamos, algúns medios se fixeron eco desta protesta, e neste caso Renfe e o Ministerio non deron o brazo a torcer. Algúns gañan e nos perdemos sempre.

Así que mentres que a xente que viaxa en AVE continuará tendo uns descontos realmente atractivos para os seus viaxes de negocios ou lecer (entre un 40% e un 60% pola compra dun billete individual), os traballadores e estudantes galegos seguiremos pagando unha tarifa de luxo en aras de conseguir que o eixo atlántico siga sendo unha das liñas de Media Distancia máis rendibles de toda España (os abonos multiviaxe ofrecen entre un 16% e un 30% de desconto sobre a tarifa base de ida e volta). Unha verdadeira pena que a contribución dos galegos a estabilidade orzamentaria de Renfe nunca se vexa recompensada cunha mellora nos servizos.

miércoles, 4 de mayo de 2011

Trenes regionales en Galicia

El martes 3/5/2011 se aprobó una moción presentada por el Bloque Nacionalista Galego en el congreso de los diputados en la que se solicita (entre otras cosas, ver página 24):
  • Realizar un estudio sobre la implantación de un servicio de cercanías en Galicia y abordar con la xunta su implantación y posible traspaso.
  • Operativizar las líneas ferroviarias que queden en desuso con la llegada del AVE para su aprovechamiento para transporte de mercancías y transporte de proximidad.
  • Realizar un Plan específico sobre las numerosas estaciones y apeaderos ferroviarios que con la entrada del AVE serán cerradas, a fin de mantenerlas para un futuro servicio de proximidad, o destinarlas a otros usos para evitar su abandono