jueves, 21 de julio de 2011

Entrada en funcionamento da estación temporal de Guixar

A finais de agosto (parece ser que finalmente o 27 ou 28 de agosto) os pasaxeiros que desexen coller o tren en Vigo deberán utilizar a estación temporal de Guixar no canto da estación localizada entre urzaiz e vía norte. Adif e Renfe seguen sen comunicar de xeito oficial a data da apertura desta nova estación. Tampouco aclaran se van a proporcionar alternativas aos servizos que se proporcionaban anteriormente, ou se hai algún tipo de contacto ou acordo co concello de Vigo para que o transporte urbano se adecúe a esta nova realidade.

0 comentarios: