martes, 13 de diciembre de 2011

O BNG propón manter servizos ou igualar tarifas

O BNG nunha nota de prensa que nos foi facilitada propón manter os servizos actuais ou aprobar as mesmas tarifas para os Avant.
O deputado do BNG salienta o feito de que o traxecto entre Santiago e A Coruña é o que ten un maior número de usuarios. “O incremento das tarifas é inasumíbel para a maioría dos usuarios, máxime nun contexto de crise económica”. Ademais, hai que engadir o feito de que os usuarios carecen na práctica de servizos ferroviarios alternativos.

Acceso ao texto completo
Ademáis da nota de prensa vai rexistrar no congreso unha pregunta e unha proposición non de lei solicitando que se repoñan os dous servizos de Media Distancia eliminados coa chegada do Avant ou en caso contrario as tarifas do Avant se revisen para axustarse aos prezos actuais de Media Distancia.
A ver se entre todos conseguimos que Renfe de marcha atrás nesta decisión tan inxusta para os intereses dos usuarios de tren en Galicia.


0 comentarios: