Unha vez superada a novidade do fin de semana de estreno do AVANT, no que curiosos, turistas e xornalistas encheron os trens e as portadas dos xornais, voltamos á cruda realidade dos servizos de Renfe/Adif en Galicia.
Así, en poucos días laborables, xa puidemos comprobar que o incremento no prezo que supón o AVANT non vai redundar nun mellor servizo aos pasaxeiros. O martes xa non se cumpriron os horarios, cando a puntualidade é imprescindible para calquera usuario do tren (especialmente os traballadores), e todo isto a pesar dos amplos marxes de tempo que establecen entre estacións e de ter unha rede ferroviaria en Galicia moi lonxe de estar saturada. É indignante comprobar como temos o AVANT máis caro de España cun dos peores compromisos de puntualidade do Estado (reintegro do 100% con demoras superiores a 30 minutos, cando, por exemplo, no traxecto Toledo-Madrid o reembolso faise con 5 minutos de retraso).
Fontes sindicais nos informan que todos os luns o tren das 7:54 horas (Santiago-A Coruña) ten unha ocupación media do 90%, mentres que o tren eliminado das 8:28 horas tiña unha ocupación do 82%. Este tren foi substituído por un AVANT, que este mércores puidemos comprobar persoalmente que levaba a ridícula cantidade de 23 pasaxeiros, así que semella que os usuarios do tren das 8:28 non van coller o novo AVANT (que custa máis do dobre para aforrar uns 5 minutos), se non que van a viaxar no tren de Media Distancia das 7:54, o que vai empeorar aínda máis a situación de saturación dos trens do Eixo Atlántico. Namentres o AVANT viaxará con moitos asentos baleiros.
Todos estes datos dannos máis razóns para solicitar o restablecemento dos servizos de Media Distancia eliminados entre Santiago e A Coruña, e pedir que Renfe aplique unhas tarifas máis razoables aos servizos de AVANT que se prestan en Galicia, especialmente no que atinxe aos abonos combinados entre Media Distancia e AVANT.
Temos que aclarar que non temos nada en contra dos servizos de AVANT, sempre e cando se introduzan como unha mellora sobre os servizos existentes e non en detrimento destes.

0 comentarios:
Publicar un comentario