sábado, 12 de noviembre de 2011

Prezo dos novos AVANT

Segundo recolle o diario A Voz de Galicia, semella que o prezo dos servizos entre A Coruña e Ourense para os novos AVANT será de 22,50€, e o traxecto durará unha hora e oito minutos. O servizo de Media Distancia que une actualmente A Coruña e Santiago de Compostela ten un prezo de 18,20€.
Sería interesante que Renfe/Adif completasen esta información aclarando o resto de condicións do servizo, como poden ser os posibles descontos para viaxeiros frecuentes ou os compromisos na calidade do servizo que no caso de non cumplirse impliquen reembolsos (como se está a facer no resto de liñas AVANT de España).

2 comentarios:

daniel piñeiro dijo...

Hoxe Renfe publica os horarios dos Avant entre Ourense e Santiago e A Coruña...un desastre...para isto todos estes cartos gastados...vergoñento...non lle valen a niguen...seguimos coche e o autobus comunitario...non hai mellor xeito de demostrar que non é rendible, procurando que nadie suba ó tren

Buenaventura Durruti dijo...

Pois os prezos entre Santiago e A Coruña son salvaxes. 10,20 euros son 4 euros mais pra 7 minutos menos de viaxe. É os que teñan abonos mensuais, terán que abonar 5,20 pra formalizar o bono nun AVANT. Ademais, facendo comparación con outros AVANT de RENFE en outras CCAA, o de Galiza é o mais caro.