martes, 29 de noviembre de 2011

Supresión de servizos e subida de tarifas

O vindeiro once de decembro terá lugar a inauguración do tren Avant que supón un aforro de 120 minutos no traxecto Ourense-A Coruña. Desde os medios de comunicación este feito considerouse histórico e digno de aplauso.

Este novo servizo ten a outra cara da moeda que non se lle facilitou á prensa polo que aínda descoñecen moitos viaxeiros/as: a incorporación do tren Avant supón a supresión do agora vixente MD ás 8:28 da mañá de Santiago a Coruña, hora punta de horario laboral. Este cambio representa para os pasaxeiros un aforro de tan só 4 minutos de traxecto, pero en cambio os prezos son máis que o dobre.

A modo de exemplo, os que dispoñan dun abono mensual e queiran subirse a un Avant deberán abonar un suplemento de 5,20€. Se a este suplemento lle sumamos os 3,78€ que xa estás pagando co teu abono mensual por cada viaxe, temos un prezo duns 9€, cando a tarifa normal é de 10,50€. Con este panorama está claro que Renfe quere botar aos viaxeiros habituais do tren.

Non estamos en contra da incorporación de servizos Avant, nin moito menos, o que pedimos é que isto non supoña a supresión de servizos que estaban funcionando ata o momento, e que nalgúns casos incluso foran conseguidos grazas a reclamacións e protestas.

0 comentarios: