jueves, 21 de julio de 2011

Entrada en funcionamento da estación temporal de Guixar

A finais de agosto (parece ser que finalmente o 27 ou 28 de agosto) os pasaxeiros que desexen coller o tren en Vigo deberán utilizar a estación temporal de Guixar no canto da estación localizada entre urzaiz e vía norte. Adif e Renfe seguen sen comunicar de xeito oficial a data da apertura desta nova estación. Tampouco aclaran se van a proporcionar alternativas aos servizos que se proporcionaban anteriormente, ou se hai algún tipo de contacto ou acordo co concello de Vigo para que o transporte urbano se adecúe a esta nova realidade.

lunes, 18 de julio de 2011

Plan alternativo de transporte Santiago-A Coruña (do 17/07 a 28/10)


Con motivo das obras de electrificación que realiza ADIF, no traxecto Santiago-A Coruña para a mellora das instalacións e a posta en servicio da Alta Velocidade, RENFE informa que, segundo determina a normativa de comercialización dos trens MD, no é de aplicación o compromiso de puntualidade establecido cos clientes, pide desculpas polas molestias que poidan ocasionar os atrasos, e informaos dos detalles do plan alternativo de transporte por estrada previsto para dous trens:

Tren 12411 - A Coruña (5:20 h)- Vigo (7:45 h):

- Por estrada dende A Coruña a Santiago.
- Adianta a saída en 15´.
- Adianta o paso por Cerceda-Meirama en 10´.
- Circula diario (excepto sábados, domingos, 15/08 e 12/10).

Tren 12560 - Santiago (23.00 h)- A Coruña (23:40:
- Por estrada dende Santiago a A Coruña (excepto venres).
- Circula diario (excepto sábados, 14/08 e 11/10).

Paros intermitentes por parte de ADIF na provincia da Coruña

Segundo recolle xornal.com o comité de empresa de ADIF na Coruña informou dunha convocatoria de paros nas estacións de Santiago, Ferrol e A Coruña o 24, 25 e 29 de xullo, o 5, 7, 12 e 14 de agosto entre as 19.00 e as 23.00 horas, excepto o 25 de xullo que serán entre as 6.00 e as 10.00 horas.
Polo que respecta aos usuarios, este tipo de paros de ADIF non soen variar os horarios dos trens, pero si que interrumpen a venda de billetes nas estacións.

martes, 5 de julio de 2011

La línea AVE de A Coruña a Ourense y a Vigo costará unos 20 euros

Renfe ha realizado encuestas de movilidad para fijar precios y horarios de los trenes Avant que darán servicio de media distancia. Xornal.com  

Estaremos pendientes de nuevos datos, para saber como podrá quedar el servicio Vigo-A Coruña una vez completado el Eje Atlántico en lo que se refiere a tarifas.