Estas son las Iniciativas del Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Ana Belén Pontón Mondelo, deputada do deputada dodeputada do
Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, formula a seguinte Interpelación
”O Parlamento insta á Xunta de Galiza a reclamar as
seguintes medidas en relación co funcionamento dos servizos ferroviarios:
1. Incrementar a oferta de servizos nos trens de media
distancia que circulan en Galiza nos horarios de máxima afluencia (tanto de
traballadoras/es, como estudantes) de xeito que a frecuencias de tren nesas
franxas horarias sexan, como mínimo, de trinta minutos.
2. Reclamar a posta en funcionamento dunha oferta de tren de
proximidade, de xeito que nas vilas e poboacións nas que existe estación ou apeadeiro
se oferten servizos de ferrocarril dignos e con horarios viábeis para o seu
uso.
3. Reclamar unha reformulación da política tarifaria dos
servizos de ferrocarril, de xeito que se rebaixe de xeito significativo o prezo
do billete. Ademais redefiniranse as tarifas de parking, establecendo rebaixas
nos prezos dos mesmos asociadas ao uso do billete ou bonos.
4. Garantir que nos novos servizos se conte con departamento
de bicicletas e se elimine o cobro por levalas no tren
E fai as seguintes preguntas
-Considera a xunta de Galiza que o ritmo e deseño das obras
de modernización do ferrocarril na Galiza son suficientes?
-Está dacordo a Xunta de Galiza cun deseño que esquece e a
maior parte do territorio e que non ten implantado ningún servizo de
proximidade?
-Considera a xunta de Galiza que os horarios existentes son
axeitados ás demandas da poboación?
-Ten previsto a Xunta de Galiza exercer as súas competencias
en materia de ferrocarril interior?
Decargad las iniciativas https://drive.google.com/folderview?id=0B5F9PPJTiupjfmhlaTcxQXh1ckVPOFVlV0FfeVZfSHFNM28tZHZ0UDM3cjQzLUpEb1ZTVTg&usp=sharing
Estas son las inciativas de Alternativa Galega da Esquerda (AGE)
Yolanda
Díaz Pérez eAntón Sánchez García, integrantes
do grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda,
- Atendendo
a importancia deste servizo ferroviario na articulación territorial e para a
cidadanía traballadora, que actuacións documentadas realizou a Xunta para
interesarse polas frecuencias e horarios deste servizo público?
-
Que estudos coñece a Xunta que fundamentaran a decisión da compañía ferroviaria
en materia das frecuencias e horarios
actualmente en vigor?
-
Coñece a Xunta as reclamacións e descontento que expresa a plataforma de
persoas usuarias da liña Compostela –A Coruña, e no seu caso como as valora?
-
Que xestións vai realizar a Xunta de Galicia para conquerir unha modificación
dos horarios que facilite o uso deste servizo polas persoas traballadoras, e un
aumento das frecuencias co conseguinte incremento dos trens que circulan pola
nova infraestrutura?
-
Coñece a Xunta que política de prezos vai desenvolver a compañía ferroviaria
logo das eleccións de maio? Vai achegar a Xunta algunha demanda no sentido de
conxelar ou abaratar este servizo ferroviario?
- Que novas ten a Xunta
respeito da posta en marcha dunha rede galega de cercanías?Que actuacións vai
desenvolver para acadar este servizo?
Estas son las iniciativas del Grupo Parlamentario dos
Socialistas de Galicia
Carmen Gallego Calvar, Abel Losada Alvarez, José Manuel
Gallego Lomba, José Luis Méndez Romeu, Raúl Fernández Fernández, Patricia Vilán
Lorenzo e José Antonio Sánchez Bugallo, deputadas e deputados pertencentes ao
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
- Coñece o Goberno o que acontece nas instalacións
recentemente inauguradas da estación ferroviaria de Urzáiz?
- Cal é motivo para que non existan servizos como nas
demais estación e cando se ten previsto, no seu caso, que se poñan en funcionamento?
- Cree o Goberno galego que con so dúas persoas traballando
en taquilla – tal e como acontece na actualidade - se pode prestar un servizo
de calidade ? Sabe si haberá modificacións na cadro de persoal a este respecto
? Si é así, en que consistirán?
- Sabe cales son os motivos polos que os trens que fan este
novo servizo rápido non están adaptados para persoas con mobilidade reducida,
tal e como acontece cos do percorrido máis lento e con máis paradas que saen de
Guixar?
- Interesouse o Goberno galego pola nova oferta ferroviaria
posta en marcha e a súa adaptación aos horarios laborais e do estudantado, principais
usuarios deste servizo?
- Sabe o Goberno si se van a modificar os horarios e/ou
tarifas deste servizo? Si é así, en que consistirán estas modificacións e cando
se van levar a cabo?
- Reclamará o Goberno galego as melloras demandadas nesta iniciativa
ao Goberno central?