martes, 29 de noviembre de 2011

Supresión de servizos e subida de tarifas

O vindeiro once de decembro terá lugar a inauguración do tren Avant que supón un aforro de 120 minutos no traxecto Ourense-A Coruña. Desde os medios de comunicación este feito considerouse histórico e digno de aplauso.

Este novo servizo ten a outra cara da moeda que non se lle facilitou á prensa polo que aínda descoñecen moitos viaxeiros/as: a incorporación do tren Avant supón a supresión do agora vixente MD ás 8:28 da mañá de Santiago a Coruña, hora punta de horario laboral. Este cambio representa para os pasaxeiros un aforro de tan só 4 minutos de traxecto, pero en cambio os prezos son máis que o dobre.

A modo de exemplo, os que dispoñan dun abono mensual e queiran subirse a un Avant deberán abonar un suplemento de 5,20€. Se a este suplemento lle sumamos os 3,78€ que xa estás pagando co teu abono mensual por cada viaxe, temos un prezo duns 9€, cando a tarifa normal é de 10,50€. Con este panorama está claro que Renfe quere botar aos viaxeiros habituais do tren.

Non estamos en contra da incorporación de servizos Avant, nin moito menos, o que pedimos é que isto non supoña a supresión de servizos que estaban funcionando ata o momento, e que nalgúns casos incluso foran conseguidos grazas a reclamacións e protestas.

Gardas de seguridade para defender os intereses de Renfe

Se Renfe estivese xestionada cun chisco de lóxica, o normal sería que fose a primeira interesada en proporcionar toda a información dispoñible sobre as tarifas e condicións dos abonos nos novos Avant entre Ourense e A Coruña, pero xa estamos curados de espanto e por desgraza non nos sorpende que retrase e oculte ata o último momento esta información. Namentres a xente planifica a súa vida en torno a rumores e información que filtran os propios empregados da empresa.

Semella que esta situación non é o suficientemente absurda, e Renfe quere tensar un pouco máis a corda a ver canto aguanta.

Un grupo de persoas fartas desta situación fixeron un escrito de recollida de sinaturas para solicitarlle a Renfe información sobre as tarifas, horarios e abonos destes novos servizos. Este grupo de persoas, que se coñecen entre si, estaban asinando o escrito cando aconteceu o que a propia afectada relata a continuación:
Un garda de seguridade dirixiuse a min, que nese momento tiña o escrito, nun tono incorrecto dicindo que estaba facendo algo ilegal e que estaba actuando en contra dunha normativa interna do tren que prohibe recoller sinaturas (normativa que agora solicitei en Renfe e dinme que non existe ou polo menos que ninguén coñece), e esixíndome publicamente ser identificada. Como el non ten competencia para identificarme eu pregunteille o motivo e que, de esixirmo, eu só me identificaría ante un axente da autoridade. Entón, sin atender en absoluto as miñas explicacións, chamou á policía. E viñeron 4 policías ao andén a Santiago, que consideraron que non había nada incorrecto na miña actuación. Pero o despliegue que se montou foi de película. Non se entende como se pode someter aos viaxeiros a tremendas vexacións e humillacións nun abuso de autoridade por parte de alguén que ten xustamente a función de poñer orde. Eu estou facendo as reclamacións que considero oportunas.
É penoso que os usuarios de Renfe, os cales sustentamos este servizo teñamos que sufrir este tipo de vexacións. Ata cando imos ter que seguir aturando este tipo de abusos?!!!!

sábado, 12 de noviembre de 2011

Prezo dos novos AVANT

Segundo recolle o diario A Voz de Galicia, semella que o prezo dos servizos entre A Coruña e Ourense para os novos AVANT será de 22,50€, e o traxecto durará unha hora e oito minutos. O servizo de Media Distancia que une actualmente A Coruña e Santiago de Compostela ten un prezo de 18,20€.
Sería interesante que Renfe/Adif completasen esta información aclarando o resto de condicións do servizo, como poden ser os posibles descontos para viaxeiros frecuentes ou os compromisos na calidade do servizo que no caso de non cumplirse impliquen reembolsos (como se está a facer no resto de liñas AVANT de España).

viernes, 4 de noviembre de 2011

O novo AVANT e os viaxeiros habituais.

Semella que salvo unha sorpresa post-electoral o AVANT que vai unir A Coruña e Ourense vai comezar a funcionar o 11 de decembro do 2011. Namentres isto non ocorre semella que Renfe e Adif, como xa é costume, non ten nigunha presa en informar aos futuros usuarios sobre cales van ser as condicións do servizo que se vai ofrecer, tal e como recolle El País:
En cuanto a los horarios y frecuencias que habrá a partir del 10 de diciembre en los trenes que circulan solo entre las tres ciudades gallegas con nuevas vías, el secretismo impera en Renfe y Fomento a todos los niveles. Fuentes internas de ambas instancias indican que lo normal sería que se hubiesen desvelado ya a principios de octubre, dos meses antes de que circulen los nuevos trenes, por lo que atribuyen el retraso a una estrategia del propio ministro, José Blanco, ante la campaña electoral. Los portavoces oficiales, por su parte, se limitan a contestar que los horarios y frecuencias se harán públicos en su debido momento a través de la página web de Renfe.
De los precios de estos trenes internos, que sufrirán un incremento presumiblemente similar al del Talgo a Madrid pero todavía no concretado, esas mismas fuentes dan por seguro que no se conocerán hasta después de las elecciones generales. En el caso de las tarifas, estos plazos tan ajustados -las elecciones son 20 días antes de la puesta en servicio- sí fueron similares en inauguraciones de líneas AVE en el resto de España.
Desde o noso punto de vista é imprescindible para a viabilidade deste novo servizo que exista algún sistema de abono mixto para o usuario habitual, de xeito que cun mesmo abono se lle permita coller servizos de Media Distancia e AVANT, xa que hai que lembrar que os abonos teñen unha duración limitada no tempo e van en función do número de viaxes. A modo de exemplo, parece bastante factible que a un usuario da liña Santiago - A Coruña lle veña mellor para ir a traballar pola mañá un AVANT e para voltar un servizo de Media Distancia, e parece bastante inxusto que teña que coller un abono para o AVANT e outro distinto para a Media Distancia, tendo en conta que vai ter unhas condicións peores que se existise algún tipo de abono combinado que computase as viaxes nos dous tipos de tren. Esto faría que o usuario habitual poidese acceder a un maior abano de frecuencias nos seus viaxes e seguramente incrementaría notablemente os usuarios do servizo, especialmente no tramo Santiago-A Coruña.

Nun alarde de optimismo, formulámoslle unha pregunta a Renfe sobre esta cuestión, a resposta foi curta pero contundente:
Estimado Sr. [...]:
Le informamos que ambos productos son diferentes y no son compatibleas los distintos abonos.
Atentamente,
Renfe VUI.
E eu pregúntome, exactamente en quen estarán pensando esta xente cando deseñan os seus produtos e servizos?