Semella que esta situación non é o suficientemente absurda, e Renfe quere tensar un pouco máis a corda a ver canto aguanta.
Un grupo de persoas fartas desta situación fixeron un escrito de recollida de sinaturas para solicitarlle a Renfe información sobre as tarifas, horarios e abonos destes novos servizos. Este grupo de persoas, que se coñecen entre si, estaban asinando o escrito cando aconteceu o que a propia afectada relata a continuación:
Un garda de seguridade dirixiuse a min, que nese momento tiña o escrito, nun tono incorrecto dicindo que estaba facendo algo ilegal e que estaba actuando en contra dunha normativa interna do tren que prohibe recoller sinaturas (normativa que agora solicitei en Renfe e dinme que non existe ou polo menos que ninguén coñece), e esixíndome publicamente ser identificada. Como el non ten competencia para identificarme eu pregunteille o motivo e que, de esixirmo, eu só me identificaría ante un axente da autoridade. Entón, sin atender en absoluto as miñas explicacións, chamou á policía. E viñeron 4 policías ao andén a Santiago, que consideraron que non había nada incorrecto na miña actuación. Pero o despliegue que se montou foi de película. Non se entende como se pode someter aos viaxeiros a tremendas vexacións e humillacións nun abuso de autoridade por parte de alguén que ten xustamente a función de poñer orde. Eu estou facendo as reclamacións que considero oportunas.É penoso que os usuarios de Renfe, os cales sustentamos este servizo teñamos que sufrir este tipo de vexacións. Ata cando imos ter que seguir aturando este tipo de abusos?!!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario