O día 29 de marzo de 2012 non circularán trens de cercanías, media distancia nin AVANT en Galicia.
Tamén é convinte lembrar que as persoas que teñan adquirido unha tarxeta 40 no mes de marzo teñen dereito a que Renfe lle reenbolse a parte proporcional correspondente a un día do importe total do abono. Este tipo de devolucións poden solicitarse no mostrador de información de calquera estación de tren.
Este Blog tiene su origen en las protestas contra los cambios en los Bonos de usuario de RENFE Galicia en la linea Vigo-Coruña realizados en el 2010 y espera ser tambien un medio de comunicación entre los usuarios, sobre cambios en el servicio, novedades, etc.
martes, 27 de marzo de 2012
jueves, 8 de marzo de 2012
Proposición do BNG sobre os AVANT rexeitada na comisión de fomento
Este martes (6/3/2011) na comisión de fomento do congreso dos diputados Francisco Jorquera presentou unha proposición na que espuxo o perxuizo que supoxo a eliminación de servizos de media distancia entre e Santiago e Coruña co motivo da inauguración do AVANT entre A Coruña e Ourense.
Na súa intervención explicou o problema que supón para os que usaban estes servizos ter que abonar un importe moito superior para unha mellora de cinco minutos. Aqueles que non poden asumir este incremento de prezo teñen que optar por outros servizos que nese horario xa están masificados. Por iso solicita a reposición dos servizos eliminados (mantendo os AVANT actuais tamén) ou manter as tarifas que existían ata o momento da substitución.
Na súa resposta o Partido Popular indica que os servizos que existen entre Santiago e A Coruña ofrecen unha "oferta global que es suficientemente amplia para cubrir las necesidades de movilidad de los ciudadanos de esa zona". Persoalmente creo que deberían refacer os seus estudos (se é que os teñen, sinceramente gustaríame velos) ou simplemente visitar as estacións do eixo atlántico en horas punta para comprobar que a oferta de servizos é claramente insuficiente.
Como non podía ser doutro xeito, sempre que se trata dun tema que afecta á media distancia en Galiza, a proposición non de ley foi rexeitada. O resultado das votacións foi o seguinte: 17 a favor (BNG, Foro Asturias, PSOE, IU), 23 en contra (PP) e 3 Abstencións (CiU e UpyD). O sentido das votacións do goberno de turno é sempre o mesmo, sen grandes novidades neste senso, a ver se algún día nos dan unha sorpresa agradable.
Ninguén está en contra dos servizos AVANT, outra cuestión é que estes servizos se presten nunhas condicións peores que no resto do estado ou que se introduzan reemplazando servizos que estaban a funcionar anteriormente cun grado de ocupación moi elevado, e que prestaban un servizo fundamental para a mobilidade dos traballadores e estudantes entre A Coruña e Santiago.

Etiquetas:
A Coruña,
AVANT,
BNG,
Francisco Jorquera,
Media Distancia,
pp,
Santiago
lunes, 5 de marzo de 2012
Os trens AVANT na Comisión de Fomento do Congreso
O Parlamentarios D. Francisco Jorquera do BNG plantexará na Comisión de Fomento do Congreso a problemática da posta en servizo dos trens AVANT en Galicia, a reunión terá lugar o martes 6 de marzo as 10:00 horas.
Etiquetas:
AVANT,
Comisión Fomento,
Congreso,
Francisco Jorquera
Suscribirse a:
Entradas (Atom)