domingo, 29 de marzo de 2015

As novas frecuencias do “eixo atlántico ferroviario” danlle as costas aos usuarios/as



Está es la nota de prensa que nuestra compañera Luisa, en representación de los usuarios entre Santiago y A Coruña, envió con motivo de la inauguración de los nuevos servicios del Eje Atlántico.



"Os usuarios do tren entre Vigo e  A Coruña, e viceversa, acusan a RENFE de darlles as costas aos cidadáns por non acomodar os horarios ás necesidades dos viaxeiros/as, negándose a reforzar as horas punta e facer cambios atendendo exclusivamente aos intereses comerciais da compañía. O facelo deste xeito, opinan os usuarios, “dilúe o verdadeiro sentido de servizo público que debería primar nestes casos”, aseguran desde a plataforma que lidera Luísa, e que xurdiu hai algo máis de 11 anos para reivindicar un tren de calidade para a cidadanía galega.

A infraestrutura,con novos trazados e vías, chega tarde e como mal engadido a compañía non ten trens suficientes para atender unha demanda de frecuencias acorde coas necesidades dos cidadáns. Poucos cambios coas novas vías, afirman os viaxeiros/as, "gañaranse algúns minutos  nos traxectos porque a infraestrutura ofrece outras prestacións canto a velocidade e seguridade, pero seguimos co mesmo número de trens diarios, o que implica unha clara infrautilización das vantaxes dos novos trazados. Repítense as taras deste país, aeroportos sen avión, portos sen barcos e estacións ou vías sen trens”. O problema aumenta porque os horarios axústanse moi mal ás necesidades do mundo laboral. “ Non ten sentido que nos ofrezan un tren que chegue ás 9 h á Coruña cando esa é xustamente a hora de entrar nos traballos, e así moitos máis casos, tanto na ida coma na volta.”

Os usuarios tamén se queixan de que os novos horarios e frecuencias entrarán en vigor na primeira quincena do vindeiro mes e a estas alturas RENFE non comunicou aínda a previsións de horarios e frecuencias. “Os traballadores temos que planificarnos, temos fillos, familias, persoas que dependen de nós e horarios que cumprir nos nosos traballos.Incluso enlaces con outros transportes antes ou despois do tren. Non poden comunicar os cambios de horario dous ou tres días antes e non darnos tempo a reaccionar e organizar as nosas vidas”. Pese á insistencia por parte dos viaxeiros o ocultismo e negación a dar cambios de datas e día do cambio é total e absoluta.

Unha vez máis os galegos debemos aportar con impostos de primeira para ser cidadáns de terceira. Mentres todo isto ocorre, a administración segue subvencionando a RENFE cos nosos cartos para atender o seu interese comercial”, aseguran desde a plataforma.

O día 27 de marzo , a representante Luísa, presentou un documento con arredor de 500 sinaturas nas oficinas da compañía ferroviaria d´A Coruña. No escrito os usuarios/as pídenlle a RENFE transparencia, información e horarios con suficientes frecuencias de trens que atendan as demandas dun público que nos últimos anos  aumentou un dous centos por cen, aseguran os afectados.



Luísa

Representante do colectivo de usuarios no traxecto Santiago-A Coruña, ida- volta"

0 comentarios: