O BNG presentou na mesa do congreso dos diputados dous escritos relativos a eliminación de servizos de Media Distancia no traxecto Santiago de Compostela - A Coruña.
O primeiro escrito recolle unha serie de preguntas ao Miniterio de Fomento relativas ao perxuízo que supón a eliminación destes servizos para os usuarios que o estaban a usar.
O outro escrito recolle unha proposición non de lei na que se solicita o mantemento dos anteriores servizos de Media Distancia, de xeito que a incorporación dos AVANT non supoñan a súa eliminación. As dúas alternativas que se lle propoñen ao ministerio de fomento son as seguintes:
- Mantener los actuales trenes entre A Coruña y Santiago en las horas punta de las 8.28 (Santiago A Coruña) y las 19.55 horas (A Coruña- Santiago), de modo que los servicios prestados por los nuevos trenes Avant sean nuevos servicios que no sustituyan a ninguno de los preexistentes.O BNG tamén presentou no concello de Santiago unha proposición (que incorpora enmendas do PP) na que se solicita unha rebaixa de tarifas e un estudo de usos e frecuencias:
- En caso contrario, aprobar unas tarifas de los trenes Avant (A CoruñaSantiago) similares a los existentes en la actualidad de modo que resulten asumibles para la mayoría de los usarios.
PRIMEIRA. O Pleno da Corporación insta ao Ministerio de Fomento e ao ADIF a revisar á baixa as tarifas do Avant no treito entre Santiago de Compostela e A Coruña, de forma que se equiparen os prezos estipulados ás tarifas dos trens de media distancia, posto que o tempo empregado para realizar esa viaxe é semellante en ambos os dous casos.
SEGUNDA. O Pleno da Corporación insta ao Ministerio de Fomento e ao ADIF a elaborar un estudo de usos e frecuencias acorde coa demanda existente por parte dos usuarios e usuarias para facer máis rendíbel, efectivo e compatíbel este servizo ofrecido de forma simultánea entre o tren de media distancia e o Avant en Galiza.
0 comentarios:
Publicar un comentario