domingo, 29 de enero de 2012

Escrito ao Ministerio de Fomento

O mes pasado presentamos ante o Ministerio de Fomento un escrito no que un grupo de persoas amosábamos a nosa disconformidade coa supresión de servizos de Media Distancia entre Santiago de Compostela e A Coruña, servizos que lembremos que se prestaban en hora punta e que viñan presentando tasas de ocupación altas.

O Ministerio de Fomento respostou ao noso escrito decíndonos que están a facer estudos co obxectivo de lograr unha xestión eficiente das infraestruturas e dos servizos de transporte e que terán en conta as nosas suxestións nas análises que se están a facer. Esperemos que sexa certo, porque a pouco que boten as contas voltarán a poñer o servizo que eliminaron.

0 comentarios: