domingo, 24 de marzo de 2013

Fomento quere suprimir 84 trens semanais de Media Distancia en Galicia



O Ministerio de Fomento presentou un borrador de traballo do plan de racionalización de servizos ferroviarios que ten previsto levar a efecto a partir de Xuño de 2013.

Neste borrador o Ministerio prevé suprimir en toda España 779 trens semanais de Media Distancia convencional (un 23% do total) e 172 estacións deixarán de ter parada de tren, afectando estas medidas a 945.000 viaxeiros (un 6% do total da M.D. convencional). Outras 163 estacións verán reducidos os servizos ferroviarios a u tren con parada por sentido.


En Galicia deixarán de circular 84 trens semanais, o que supón un 19% do total e 21 estacións deixarán de ter servizo ferroviario, ademais de ver reducidos os seus servizos a un o día por sentido outras 27 estacións
 





0 comentarios: