O mes pasado presentamos ante o Ministerio de Fomento un escrito no que un grupo de persoas amosábamos a nosa disconformidade coa supresión de servizos de Media Distancia entre Santiago de Compostela e A Coruña, servizos que lembremos que se prestaban en hora punta e que viñan presentando tasas de ocupación altas.
O Ministerio de Fomento respostou ao noso escrito decíndonos que están a facer estudos co obxectivo de lograr unha xestión eficiente das infraestruturas e dos servizos de transporte e que terán en conta as nosas suxestións nas análises que se están a facer. Esperemos que sexa certo, porque a pouco que boten as contas voltarán a poñer o servizo que eliminaron.
Este Blog tiene su origen en las protestas contra los cambios en los Bonos de usuario de RENFE Galicia en la linea Vigo-Coruña realizados en el 2010 y espera ser tambien un medio de comunicación entre los usuarios, sobre cambios en el servicio, novedades, etc.
domingo, 29 de enero de 2012
miércoles, 4 de enero de 2012
A eliminación dos MD chega ao congreso dos diputados e aos concellos
O enfado dos usuarios ante a supresión de varios servizos de Media Distancia entre Santiago e A Coruña parece que non está a pasar desapercibido. En varios ámbitos políticos presentáronse propostas destinadas a recuperar os servizos de Media Distancia eliminados e a conseguir unha reducción das tarifas dos AVANT.
O BNG presentou na mesa do congreso dos diputados dous escritos relativos a eliminación de servizos de Media Distancia no traxecto Santiago de Compostela - A Coruña.
O primeiro escrito recolle unha serie de preguntas ao Miniterio de Fomento relativas ao perxuízo que supón a eliminación destes servizos para os usuarios que o estaban a usar.
O outro escrito recolle unha proposición non de lei na que se solicita o mantemento dos anteriores servizos de Media Distancia, de xeito que a incorporación dos AVANT non supoñan a súa eliminación. As dúas alternativas que se lle propoñen ao ministerio de fomento son as seguintes:

- Mantener los actuales trenes entre A Coruña y Santiago en las horas punta de las 8.28 (Santiago A Coruña) y las 19.55 horas (A Coruña- Santiago), de modo que los servicios prestados por los nuevos trenes Avant sean nuevos servicios que no sustituyan a ninguno de los preexistentes.O BNG tamén presentou no concello de Santiago unha proposición (que incorpora enmendas do PP) na que se solicita unha rebaixa de tarifas e un estudo de usos e frecuencias:
- En caso contrario, aprobar unas tarifas de los trenes Avant (A CoruñaSantiago) similares a los existentes en la actualidad de modo que resulten asumibles para la mayoría de los usarios.
PRIMEIRA. O Pleno da Corporación insta ao Ministerio de Fomento e ao ADIF a revisar á baixa as tarifas do Avant no treito entre Santiago de Compostela e A Coruña, de forma que se equiparen os prezos estipulados ás tarifas dos trens de media distancia, posto que o tempo empregado para realizar esa viaxe é semellante en ambos os dous casos.
SEGUNDA. O Pleno da Corporación insta ao Ministerio de Fomento e ao ADIF a elaborar un estudo de usos e frecuencias acorde coa demanda existente por parte dos usuarios e usuarias para facer máis rendíbel, efectivo e compatíbel este servizo ofrecido de forma simultánea entre o tren de media distancia e o Avant en Galiza.
Etiquetas:
AVANT,
BNG,
encarecimiento,
Francisco Jorquera,
Media Distancia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)